sábado, 21 de marzo de 2015

A CLASE DE 4 ANOS NA BIBLIO

Queredes ver que ben o pasan os pequechos da clase de 4 anos na biblioteca? premede na imaxe e poderedes velo.


mércores, 18 de marzo de 2015

O NÚMERO 20 DA REVISTA "OLLOS DE AULA"

O nº 20 de "Ollos de aula" (marzo-abril de 2015), a revista que edita a CGENDL (Cordinadora Galega de Equipos de Normalización Da Lingua) para as familias do alumnado, chega cargado de artigos de interese... non deixedes de botarlle unha ollada.
Podedes descargala AQUI ou vela premendo na imaxe




luns, 16 de marzo de 2015

A MULLER E O MAR

Seguindo coas actividades do día da muller que se celebrou o 8 de marzo, tivemos unha actividade especial no cole unida a unha exposición que temos nos corredores, da que pronto vos falaremos.

Visitáronnos membros do grupo de acción costeira da Ría de Pontevedra, para ensinarnos un vídeo titulado: "A muller e o mar".


Aquí estamos os de primaria vendo o vídeo e facendolle preguntas á mariscadora que nos visitou. Os peques contan no seu blog esta actividade. Podedes velos premendo AQUI


Despois, David e María de Arenaria, compartiron con todos nos un montón de curiosidades sobre o mundo mariño. 


Puidemos ver mostras de moitos animais e preguntar todo o que se nos ocurría...


Encantounos ver e tocar... descubrimos un montón de cousas curiosas sobre os habitantes do mar. 


María e David tamén estiveron cos peques do cole que nos contan moitas cousas que aprenderon con eles, pasade polo seu blog e seguro que descubriredes cousas que non sabedes sobre o mundo mariño. Pinchando nesta foto iredes directos!


xoves, 12 de marzo de 2015

A QUE SABE A LÚA?

Coñecedes este conto que temos na nosa biblioteca? 
É unha suxerencia que nos fan os mais peques do cole. Premede na imaxe e cando vexades o que nos contan seguro que viredes todos á biblio a buscalo ;)


sábado, 7 de marzo de 2015

CELEBRAMOS O ENTROIDO.

O venres 20 de febreiro celebramos o noso Entroido "marítimo". De polbos, peixes, augamares, piratas, mergulladores, mariñeiros, pescadores... desfrutade lembrando ese día.
Entroido by Slidely Slideshow

Que ben o pasamos e como desfrutamos cos doces típicos que aportaron as familias!
O Entroido by Slidely Slideshow

POLAS MATRIARCAS DO PAÍS. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 DE MARZO.

A intérprete Guadi Galego publicou o 25 de novembro de 2014 o seu traballo, 'Lúas de outubro e marzo', un disco moi persoal onde as emocións e os sentimentos convértense en abanderados dun produto que ela define como "un canto de amor á muller e á libertade".
"Matriarcas" é un recoñecemento ás mulleres e ó matriarcado galego.