sábado, 3 de novembro de 2018

HORA DE LER ÁS ESCURAS

E para rematar a semana do Samaín no noso cole... unha actividade moi molona á que Arnaldo nos quixo convidar. Descubrir moitos contos, historias terroríficas e ata creacións propias apagando as luces, baixando as persianas e alumeando con lanternas. Qué divertido ler ás escuras!

venres, 2 de novembro de 2018

MERENDAS TERRORÍFICAS!

Arnaldo quixo convidar a todo o alumnado a que trouxese unha merenda terrorífica, para compartir, relacionada co Samaín. Tratouse de facer unha merenda moi especial, nas aulas e antes de saír ao recreo, na que os nenos e nenas amosaron aos compañeiros as súas montaxes terroríficas antes de papalas e comelas.
O resultado foi espectacularmente terrorífico!
Gracias familias por tanta creatividade e colaboración!









mércores, 31 de outubro de 2018

POLO SAMAÍN... CÓNTAME A MIN!!!

Continuando con máis historias terroríficas e moi divertidas, os nenos e nenas de 1º de primaria contaron coa colaboración de Irene, a mamá de Eluney que quixo achegarse á clase do seu fillo e compartir con eles os contos "A bruxa regañadentes" e "Bola de manteiga".

Graciñas Irene por compartir connosco momentos tan especiais como este.




luns, 29 de outubro de 2018

UN SAMAÍN DE MEDO, EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2018

Chega ao noso cole unha semana terrorificamente incrible. Grazas ás familias un ano máis xa están decoradas as nosas entradas cunha morea de cabazas. A verdade e que non deixades de sorprendernos con tanta creatividade. Preparádevos para ver un sin fin de obras de arte enriba deste produto tan tradicional e típico destes días. Todas teñen algo especial e único. Arnaldo quedou encantado! Moitas gracias!





POLO SAMAÍN....CÓNTAME A MIN!



Nun samaín de contos, cheo de historias terroríficas e moi divertidas, os nenos e nenas de 5º de infantil contaron coa colaboración de Ana, a mamá de Aine e Antón que quixo achegarse á clase dos seus fillos e compartir con eles o conto "Corre corre cabaciña" de OQO. Ata bailaron a canción!!!
Moitas, moitas gracias por compartir connosco momentos tan máxicos como este.



venres, 26 de outubro de 2018

PECHANDO A SEMANA DAS BIBLIOS NA CASA DE ARNALDO

Para pechar a semana das Bibliotecas que se levou a cabo no noso cole con motivo do día 24 de outubro levamos a cabo dúas actividades na hora de ler que queremos compartir con todos vós.

Ao longo desta semana todos os nenos e nenas do cole, con axuda dos nosos titores, estivemos elaborando un vídeo no que queremos amosar que é unha biblioteca para nós. O resultado final podédelo ver no seguinte vídeo!




Nun día tan sinalado tivemos a sorte de contar coa visita das profes Ana e Charo e do profe Goyo, un profe que ao longo de tantos e tantos anos estivo traballando por unha Biblioteca mellor. Él tamén quixo compartir con nós unhas palabras amosándonos que é unha biblioteca para él.,

Por último cantamos todos xuntos a canción "O LIBRO" do album de Pablo Díaz "TIC TAC". Pasámolo moi ben e disfrutamos moito cantándoa, mirade o seguinte vídeo!