luns, 19 de outubro de 2026

CROS NA ESCOLA

As nenas e nenos do Ceip de Seixo van participar nunha xornada de Cros organizada por Xogade en Lagocheiras (Marín)...

Unha xornada espectacular a que nos agarda para convivir con outros centros e facer deporte rodeados de natureza.

xoves, 8 de outubro de 2026

MAXIA NO CEIP DE SEIXO

A maxia nunca pode faltar e no Cole de Seixo, un anos máis, quixemos participar no Certame de maxia que ten lugar no noso Concello de Marín con motivo da IX GALA INTERNACIONAL DE MAXIA INFANTIL...
Este ano visitounos o mago Fernando Saldaña, e fíxonos pasar unha hora de maxia e risas, a todo o alumnado do centro, INESQUECIBLE!

luns, 5 de outubro de 2026

FACENDO NUDOS

As nenas e nenos de 5º e 6º de primaria recibimos no  noso centro a visita da asociación Iris de Marín, representada por Lorena e Paola.


Viñeron a contar ao alumnado do terceiro ciclo que son os nudos mariñeiros, algúns dos tipos que hai, para que se usan, e tamén estiveron practicando para intentar facer algún.







Descubriron que algúns non é sinxelo realizalos, que hai que ter paciencia e boa man.
Finalmente quedaron uns chaveiros moi chulos.