Comezamos un novo curso escolar con ilusión, entusiasmo e moitas ganas de aprender, compartir e vivir novas experiencias.
Durante os vindeiros meses conviveremos con ruídos, con andamios e con moitos cambios para adaptarnos ás obras. Pero lembrando que todo este movemento é para construír un cole mellor, máis cómodo e máis bonito!
Chega o momento de retomar rutinas, horarios, actividades, proxectos... pero recuperamos algo fundamental... as ganas de reencontrarnos, de coñecernos mellor e de construír novas aprendizaxes...
Como xa ven sendo costume fíxose unha benvida e agradeceuse a confianza e colaboración das familias...
A educación das nenas e nenos é unha tarefa compartida na que familia e escola deben camiñar xuntos, mantendo unha comunicación fluída e traballando en equipo polo seu desenvolvemento integral.
Chegou a hora de merendar e como non podía ser doutro xeito fixemos unha merenda conxunta... pasámolo pipa!
Ao longo do curso será importante ter moi presente este kit de supervivencia que queremos compartir con vós!










