Moi boas amiguiños!
O pasado 20 de decembro os nenos e nenas de 1º e 2º viviron un día moi especial coa celebración do xogo do amigo invisible. A única condición que puxeron as mestras foi que os agasallos tiñan que ser feitos por eles mesmos ; a verdade é que trouxeron unhas manualidades chulísimas e feitas con moito agarimo.
Queremos agradecer ás familias a súa colaboración e gran implicación nesta actividade. Foi unha experiencia moi emotiva coa que, nenos, nenas e mestras disfrutamos moitísimo. Esperamos poder repetilo!
Andrés regaloulle unha bóla de neve a súa amiga Leire
Carlos regaloulle a Diego un marco macanudo para poñer unha super foto
Diego agasallou a Andrés cunha tarxeta de Nadal
Eluney fixo un lapicero super terrorífico para o seu amigo Mario
Giselle regaloulle a Iván unhas galletas que seguro estaban de rechupete
Iván deseñou unha árbore de nadal para Joel
Joel creou uns debuxos chulísimos para Valeria
Lara escribiulle unha carta polo Nadal a Eluney
Leire deseñou unha xoia personalizada para Reda
Mario regaloulle a Giselle un gatiño de peluche moi agarimoso
Olivia debuxou a super Saúl
Reda regaloulle a Roque un tres en raia do máis persoal
Roque regaloulle a Carlos unha tarxeta navideña moi molana cun super dinosaurio
Saúl regaloulle unha marioneta chulísima a Unai
Unai deulle unhas piñas molonas a Olivia
Valeria agasallou a súa amiga Lara cunha tarxeta de Nadal
Ningún comentario:
Publicar un comentario