martes, 8 de xaneiro de 2019

O AMIGO INVISIBLE DE 2º

Moi boas amiguiños!

O pasado 20 de decembro os nenos e nenas de 1º e 2º viviron un día moi especial coa celebración do xogo do amigo invisible. A única condición que puxeron as mestras foi que os agasallos tiñan que ser feitos por eles mesmos ; a verdade é que trouxeron unhas manualidades chulísimas e feitas con moito agarimo. 
Queremos agradecer ás familias a súa colaboración e gran implicación nesta actividade. Foi unha experiencia moi emotiva coa que, nenos, nenas e mestras disfrutamos moitísimo. Esperamos poder repetilo!

Carlota regaloulle a Sabrín un pisapapeis moi bonito


Dani regaloulle a Sofía unha  pulseira preciosa


Daniela regaloulle a Lucía unha tarxeta e un boneco moi chulo


Diego regaloulle a Óscar un debuxo precioso


Mario regaloulle a Daniela unha pulseira moi chula


Fuco regaloulle a Nerea un atrapasoños precioso


Lucía regaloulle a Carlota unha postal ben bonita


Naroa regaloulle a Raúl uns debuxos en cartolinas e escribiulle unha carta moi bonita


Nerea regaloulle a Fuco un marcapáxinas con forma de dinosauro, un adorno para a árbore de Nadal e un dinosauro xenial que fixo cunha esponxa


Raúl regaloulle a Naroa unha caixa superbrillante co seu nome e cunha fermosa tarxeta no seu interior


Sabrín regaloulle a Dani un 3 en raia moi chulo


Sofía regaloulle a Tania uns selos chulísimos


Tania regaloulle a Mario un debuxo moi bonito e un 3 en raia moi bonito


Óscar regaloulle a Diego unha tarxeta cun debuxo precioso


Foi un día xenial!!!

1 comentario:

  1. q xeniais!! grazas a vos por propoñer propostas tan fantàsticas e promover o Non consumo..

    ResponderEliminar