venres, 15 de febreiro de 2019

ENTREVISTA A CÁRITAS SAN TOMÉ E AMENAC MARÍN

Amiguiños!
O pasado día 13 de febreiro, con motivo do DÍA MUNDIAL DA RADIO, visitaron a Voz de Arnaldo unha representación do alumnado de 6º de primaria (Silvia e Xoel) para entrevistar a Aurita, Mª Teresa e Marta.
Este traballo nace da recente colaboración, do noso cole con estas asociacións, na I CARREIRA SOLIDARIA "CORRE CON ARNALDO" con motivo do DÍA DA PAZ na que se xuntaron kgs de cacao en polvo para seren doados ás persoas e familias que máis o necesitan.
Deixámosvos por aquí o audio desta entrevista. Vale a pena escoitala para aprender moitas cousas acerca da labor que desempeñan estas mulleres voluntarias.



Gracias Aurita, Marta e María Teresa por vir compartir con nós este anaco de tempo tan agradable!

Ningún comentario:

Publicar un comentario