Dende a Rede Espora, ademais de recibir moito apoio e recursos para a radio, recibimos a proposta de participar nunha gravación conxunta con outros coles galegos.
Este ano a temática é: DIÁLOGO, TOLERANCIA e PAZ e aos compis de Rede Espora ocorréuselles a xenial idea de facer un noticiario colectivo, pero non ao uso, un que sexa só de noticias felices, e non de desgracias e conflitos bélicos, como adoitamos escoitar nas radios.
Así que no cole de Seixo todas as nenas de 4º gravaron un pequeno texto e unha destas gravacións formará parte dunha montaxe con máis gravacións de centros escolares de Galicia, a cal será colgada na canle do Día Mundial da Radio.
Estade atentos porque compartiremos esa montaxe e descubriremos quen foi o alumno ou a alumna representante da nosa radio: A Voz de Arnaldo
Ningún comentario:
Publicar un comentario