venres, 15 de marzo de 2019

OS LAGARTIÑOS DE SEIXO VISITAN O MUSEO DE PONTEVEDRA

Como se de un conto dos Bolechas se tratara, este xoves pasado e sendo nos mesmos os protagonoistas, os nenos e nenas de infantil de Seixo queremos contarvos a historia da nosa visita ao Museo Provincial de Pontevedra.
Despois da viaxe en autobús dende a nosa vila ata a cidade de Pontevedra...
Chegamos ao museo...
e alí dividíronnos en dous grupos para facer a visita e ver tantas e tantas obras de arte...
Aprendemos moitas cousiñas e descubrimos un mundo fermoso...
Antes de regresar puidemos merendar e descansar un pouqiño nun parque moi próximo...
Foi unha xornada moi especial e divertida, na que aprendemos unha morea de cousas e o pasamos moi ben.
Pero por se queredes ver máis, por aquí vos deixamos un vídeo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario