luns, 16 de decembro de 2019

NOVOS XOGOS NA NOSA BIBLIO

Xa tendes a vosa disposición, no recuncho creativo da Biblioteca, novos e apoixonantes xogos cos que aprenderedes moreas de cousas...
SumBlox 
Si dende pequenos aprendemos coas mans tocando todo: por que non afrontar as matemáticas do mesmo xeito?
Con estes bloques poderán descubrir coas súas propias mans a descomposición da decena, as sumas, restas, multiplicacións, fraccións, proporcionalidade, divisións… manipular e comprender con todos os sentidos porque as matemáticas tamén poden ser un xogo.

Ademais tamén serven como pezas para facer simplemente torres ou construcións libres traballando a imaxinación.
Kapla
Xa tiñamos algunhas pezas no cole, e visto o seu éxito mercamos unha caixa con 1000 pezas máis!
É un xogo de construción cuns valores pedagóxicos extraordinarios que ademais é respectuoso co medio ambiente e que nos permite traballar xeometría, física, matemáticas, arte, tecnoloxía, lóxica, organización, precisión, concentración…
Son pequenas pezas de madeira de piñeiro, extraída de bosques sustentables. Todas exactamente iguais, calibradas con precisión para que a repartición de peso sexa exacto. É o método perfecto para construír calquera cousa sen necesidade de unións nin puntos de fixación, só amontoar as tablillas unhas sobre outras e botarlle imaxinación. 
Lego duplo
Dende que montamos o recuncho de lego, quedounos claro que foi un acerto polo que seguimos aumentando o número de pezas.
Nesta ocación mercamos as pezas grandes pensando máis nos peques do cole, pero poderedes desfrutar del todos os que o desexedes...
Imaxinade o moito que podedes desfrutar unha tarde de xoves na casa de Arnaldo: esperámosvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario