luns, 30 de decembro de 2019

GAGO DE MENDOZA: A LIBERACIÓN DE MARÍN

Nunha das últimas actividades do trimestre e gracias ao Concello de Marín, os nenos e nenas puideron desfrutar dunha pequena obra teatralizada na que GAGO DE MENDOZA era o protagonista...
A través deste personaxe descubrimos moitas cousas acerca da historia do noso Concello e o importante que foi a súa figura...

Seguramente a maioría de vós coñecedes o feito histórico da liberación de Marín, acontecido o día 4 de abril de 1809, e protagonizado polas alarmas do Morrazo, capitaneadas polo heroe marinense JUAN GAGO DE MENDOZA.


Corsario, guerrileiro e caudillo, que ata ten unha rúa en SEIXO...

Dende fai algúns anos, no Concello, ademais do día 4 de abril tamén se celebra unha festa corsaria, no verán, coa intención de dar a coñecer a este personaxe, que é parte importante da historia da nosa vila...

Ningún comentario:

Publicar un comentario