luns, 23 de marzo de 2020

BOLETÍN ACTIVIDADES XENÉRICAS II (1º, 2º e 3º EDUCACIÓN PRIMARIA)

Ola mozos/ as e familias! Que estades a facer sen poder saír de casa? Estades todos/as ben? Podedes facer as tarefas tal como estámosvolas enviando? Tedes algunha suxestión que facernos? Encantaríanos recibir as vosas opinións ou simplemente que me nos contásedes algo!

Aí vaivos a tarefa por niveis:



1º DE PRIMARIA
profe.nati.seixo@gmail.com 

LINGUAS (actividades xenéricas)
* Lectura de contos e ditados curtos. Plantilla de pauta simple para realizar os ditados: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdocarballal/system/files/pauta-simple.pdf

* Lectura de contos e a continuación expresión artística (debuxo) demostrando a comprensión do relato lido (para traballar a comprensión lectora).


MATEMÁTICAS (actividades xenéricas)

* Sumas e restas de dúas cifras sen levar (nas restas debemos lembrarlles que teñen que contar cantas van contando dende o número de abaixo ata o de arriba. É importante que o fagan asi para que non se líen). 

* Agrupar en decenas e contar cantas decenas e unidades hai nun grupo de elementos.

* Numeración:
- Recoñecemento de números.
- Relación de nome e número. 
- Completar un debuxo seguindo a orde dos números. 
- Completar unha serie co número que falta 

Se preferides traballar con fichas, a continuación, déixovos un material que podedes imprimir para traballar estes contidos. 
Para os que non as poidades imprimir, deixo tamén en actividades complementarias, uns enlaces onde tamén se poden traballar contidos de lingua castelá, lingua galega e matemáticas. 

LINGUA CASTELÁ 
* Fichas de lectura

* Fichas de comprensión lectora


LINGUA GALEGA 

MATEMÁTICAS 

En clase, á hora de facer exercicios de matemáticas, soen apoiarse cun tableiro numérico coma este. Se queredes, podedes imprimilo para que lles axude tamén na casa. 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS 

LINGUA GALEGA 
Nesta páxina web, podedes atopar debuxos animados e música en galego, ferramenta moi útil para ir ampliando o seu vocabulario de galego, ademáis de debuxos para colorear e xogos para imprimir. 

LINGUA CASTELÁ 

MATEMÁTICAS 
Actividades de cálculo, numeración, etc.: 

TAREFA PROFE BERTO 
profe.alberto.seixo@gmail.com

CIENCIAS SOCIAIS
* Elabora coa axuda da túa familia a árbore xenealóxica máis extensa que poidades e indica o parentesco de cada quen.

CIENCIAS NATURAIS
* Introduce sementes de froita e legumes entre un pouco de algodón ou de papel e humedéceo cada día para que brote unha nova plantiña. 

EDUCACIÓN EN VALORES 
* Sede responsables e non saiades da casa. 

PLÁSTICA 
* Fai masa de pan e dalle distintas formas. 



2º PRIMARIA
profe.beapicos.seixo@gmail.com 

LUNES 23 DE MARZO 2020
Lengua Castellana: página 27 del cuadernillo.
Calculo:
527-388= 
785+426= 

MARTES 24 DE MARZO 2020
Ciencias Sociales: páginas 14-15 del cuadernillo.
Calculo:
704-236= 
343+7+395=

MIÉRCOLES 25 DE MARZO 2020
Matemáticas: páginas 139-140 del libro.
Calculo:
615-159= 
823-256=

JUEVES 26 DE MARZO 2020
Lingua Galega: página 41 cuadernillo.
Calculo:
451-196= 
155-79=
912-763=
5+345+27=

VIERNES 27 DE MARZO 2020
Ciencias Naturales: páginas 16-17 cuadernillo.
Calculo:
266-124= 
683+524=
678-389= 
712+391+8=

A lo largo de la semana repasamos la tabla del 4 y estudiamos la del 5.

PLÁSTICA: hago un dibujo sobre alguna de las actividades que estoy realizando esta semana en casa (hacer tareas, ver la tele, jugar con mis juguetes....)

EDUCACIÓN EN VALORES: veo el corto "Colour your world with kidness" y lo comento en familia.




3º PRIMARIA 

profe.graciela.seixo@gmail.com 

Ola mozos e mozas!
Para esta semana supoño que aínda tedes traballo que facer nos caderniños que vos levastes para casa, lembrade facer un pouco cada día! 

E como alternativa, que vos parece se vos poñedes un mandil e metédesvos na cociña? Dunha maneira práctica traballaredes a expresión escrita, as unidades de masa, de volume e se todo sae ben vos chuparedes os dedos! So necesitades elexir unha receta, se queredes ideas nesta web atoparedes moitas! http://www.bolboretasnobandullo.com/

Atendede agora ás instrucións!



Por si o necesitades para o punto 3, picando enriba das palabras tedes un enlace ao dicionario da Real Academia Galega e ao tradutor Gaio.
* * * * * * * 
Indicarvos que as contas de correo están dispoñibles para calquera consulta que teñades ou axuda que necesitedes . 
Unha apreta grande de todo o profesorado para eses pequenos e pequenas e lembrade que... "Canto antes deixemos de facer vida normal antes voltaremos á normalidade" 
#NÓSQUEDAMOSNACASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario