luns, 30 de marzo de 2020

RETO FOTOGRÁFICO: EU QUEDO NA CASA

Ola familias!
Son Arnaldo e dende o CEIP de Seixo queremos saber como estades levando estes días de confinamento nas vosas casas.



Estes días estiven falando co Departamento de Orientación e xunto con eles queríamos propoñervos unha cousiña...
RETO FOTOGRÁFICO
"EU QUEDO NA CASA"

Queremos que o centro sexa a unión de todos os fogares e seguir así, dalgún modo, todos e todas en contacto. 
Por iso vos propoñemos a seguinte actividade: 
Cada semana, enviareivos un...
RETO FOTOGRÁFICO 
cunhas instrucións determinadas para facer unha foto. 
Teredes que mandalas ao correo: 
profe.marcial.seixo@gmail.com

Tedes ata o venres de cada semana, o venres incluído, para facer cada reto.

Coas fotos faremos un vídeo que colgaremos no blog e poderedes comentar e ver que fan os vosos compañeiros/as nas súas casas.
Reto número 1

AXUDANDO NAS TAREFAS DA CASA

Animádevos a participar, entre todos e todas sairemos desta situación !

Ningún comentario:

Publicar un comentario