Hoxe, 31 de outubro de 2020, celébrase outra vez o día das Letras Galegas, xa que en maio so o puidemos celebrar dende as casas.
A pesar de estar confinados, en maio fixemos un montón de actividades compartidas con todo o alumnado que recordamos aquí.
Propuxemos unha actividade dende a radio que podedes recordar premendo nesta imaxe de Ricardo Carballo Calero:
Por medio de cancións e xogos, puidemos coñecer máis sobre o protagonista deste ano: Carballo Calero. Premede na imaxe e poderedes escoitar cancións, facer xogos...
E por fin chegou o 17 de maio no que, a pesar de estar cada un nas nosas casas, puidemos xuntarnos nun programa de radio no que presumimos da nosa lingua. Se queredes escoitalo premede na seguinte imaxe:
Entre as súas obras escollemos "As pitas baixo a chuvia" e os de 5º fixeron un traballo na radio a partir do cal puidemos coñecer máis esta historia. Premendo na portada do conto poderedes recordar estas actividades:
Dentro duns meses volverá o 17 de maio, e temos moitas ganas de celebralo cara a cara compartindo actividades a redor do galego... pero da igual onde esteamos: nunca deixedes de presumir da nosa lingua!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario