venres, 23 de outubro de 2020

CONTANDO E CANTANDO CARA A IGUALDADE

Dentro do programa “Seixo coeduca” desfrutamos dunha contada de Migallas na que, ademais, puidemos reflexionar sobre algunhas cousas do día a día. 


Tamara contounos 3 contos: O libro dos porcos, Daniela Pirata e e Rosa Caramelo. Despois preguntounos quen fai certas cousas en casa… e as nais e as avoas saíron gañando. Despois fixemos unhas pequenas dramatizacións sobre o tema. 
Grazas á ANPA por darnos esta oportunidade de reflexionar sobre este tema e, ademais, de xeito tan divertido. Aquí deixámosvos algunhas fotos. 

1 comentario:

  1. Que gusto.
    Grandes profesionais que fan pasar moi bos momentos con moita ensinanza detrás.
    Bea é moi boa.
    Tamara, tamén.
    Esta rapaza tan xenial é Tamara.
    Eu creo que, para non confundilas, estaría xenial que foran as dúas xuntas para outro espectáculo.
    Estou segurísima de que os nenos disfrutarían moito, moitísimo.
    Que ben, moi boa iniciativa.
    Noraboa.

    ResponderEliminar