Hoxe remata o primeiro trimestre no que nos sentimos intensamente orgullosos de noso alumnado e so temos palabras de agradecemento para eles. Sen dúbida foi un trimestre do máis raro... un trimestre con máis limpeza e desenfección que nunca... con hidroxel... máscaras.... un trimestre no que non puidemos achucharnos, no que tivemos que aprender a non compartir nin xoguetes nin merenda nin nada... no que non puidemos saudar aos nosos irmáns no recreo, nin xogar cos da clase do lado...
Sen dúbida non esqueceremos este 2020... pero tamén o imos recordar por ser o ano no que demostramos que, aínda que somos pequenos, entendemos moi ben as cousas e sabemos adaptarnos cando fai falta, o ano no que reinventamos os xogos e inventamos formas de dar apertas sin tocarnos... somos a repera!!!
E como este ano non puidemos facer festival de Nadal, preparamos, coa profe de música, unha panxoliña moi especial... porque non importa que non poidamos xuntarnos e que teñamos que tapar a boca coas máscaras... buscamos a forma de xuntos gritar ben forte que nunca perderemos a ilusión e a esperanza. Desexamos que vos guste!
Estade atentos ao blog porque durante as vacacións iremos poñéndonos ao día e contándovos moitas cousas que estivemos facendo.
Despedímonos cun vídeo que nos gustou moito, feito con gracia e moito sentidiño... mirádeo en familia e facédelle caso para desfrutar a tope estes días!!
2021... ESTAMOS DESEXANDO COÑECERTE!!!!
🙌🙌🙌🙌
ResponderEliminar