venres, 11 de decembro de 2020

LECTURAS PARA SOÑAR

Un ano máis estamos felices de compartir as guías de lectura elaboradas pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo (da que nos sentimos afortunados de formar parte). 
Mandamos unha gran aperta a Anum Zahra, unha ilustradora nobel con moito futuro, que nos agasallou coa fermosa ilustración das guías: moitas grazas! 
Este ano o lema é: "Move o corazón da túa vila, visita a túa libraría". Máis que nunca, animámosvos a mercar na vosa vila e apoiar o comercio local. Temos moitas librarías cerquiña da casa que nos darán un trato persoal e moito máis cercano... aproveitadeo!

As guías, que todo o alumnado levou para as súas casas, están cheas de novidades e reedicións de lectura e música en lingua galega, dos últimos 12 meses, as cales vos daran moitas ideas para os agasallos de Nadal. 
Están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e familias), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este Nadal as casas se enchan de boas lecturas que vos farán medrar a todos! 
Aquí as tendes, para compartir e que cheguen moi lonxe.




Neste cartel podedes ver todas as recomendacións. Desfrutádeas e compartídeas para que cheguen moi lonxe. 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario