luns, 15 de marzo de 2021

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

Moi bos días!
As nenas e nenos de sexto fomos os encargados de traballar esta data e hoxe queremos compartir con todos vós o noso traballo...
Aproveitando que nos atopábamos na semana da prensa e que a clase está dividida en grupos cooperativos, convertímonos en periodistas (mantendo estes grupos) para levar a cabo un traballo de investigación.
Fixemos unha chuvia de ideas onde aportamos todo o que xa sabíamos sobre o tema, o que descoñecíamos e o que queríamos aprender sobre os dereitos dos consumidores: cómo se regulan, qué é o consumo responsable, cómo podemos reclamar un produto, etc..
Despois miramos un video moi interesante onde ademais de aprender os dereitos que ten cada cidadá como consumidor, tamén aprendimos como facer un consumo responsable, comparando e contrastando os bos e os malos hábitos.Trala visualización do vídeo empezamos a nosa fase de análise e investigación na aula de informática para rematar a tarefa cunha exposición sobre o traballo elaborado por cada equipo para todas e todos vós...
Por aquí vos deixamos os vídeos...


Tamén queremos deixarvos por aquí toda a información que estivemos manipulando porque temos unha proposta que vos queremos facer chegar!!!





Queredes convertirvos en pequenos investigadores? Pois por aquí vos deixamos unhas preguntiñas abertas para que atopedes as respostas con toda a información que vos facilitamos! 

- Qué é e porqué se celebra o día mundial dos dereitos dos consumidores?

- Cáles son os nosos dereitos legais? Cómo podemos reclamalos?

- Qué é o consumo responsable?

- Cómo ten que ser o etiquetado dos productos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario