mércores, 17 de marzo de 2021

CARMENCITAS DONA MÁSCARAS PARA TODAS E TODOS NÓS

Moi bo día:
Hoxe recibimos un agasallo da empresa CARMENCITAS... 
Unha empresa marinense de moda infantil do noso Concello de Marín que nos acaba de regalar máscaras para todas as nenas e nenos do cole...
Durante a pandemia dedicáronse á donación de moito tecido e tamén á confección de máscaras con tecido debidamente homologado...

Dado que as pezas de tecido son de moitos metros confeccionaron moreas de máscaras a maiores seguindo a normativa UNE e con diferentes tipos de tallajes...
Dende a empresa falaron e acordaron repartir a todos os nenos e nenas, de infantil e primaria dos colexios do Concello de Marín, unha máscara para cada un.
Dende o Ceip de Seixo só podemos decir...
GRAZAS CARMENCITAS!
Moitísimas grazas por esta acción social, voluntaria e desinteresada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario