Na primeira andaina dos maiores do cole tivemos un acompañante/guía de luxo: o experto Inxeniero forestal Gaspar, pai de Fuco de 5º, que sempre está dispoñible e con ganas de colaborar.
Con el resolvimos moitas dúbidas e descubrimos moitas cousas interesantes na andaina. Encántanos coñecer os segredos dos bosques que nos rodean!
Observamos cousas que sin el pasaríannos desapercibidas:
- Parada vexetativa das arbores caducas.
- Tipos de fentos na ribeira do río Loira: Lingua de cervo (fento con soros linais), fento Real, fento águia, polipodio, cabriña culantrillo negro, polistico, driopteris dilatado...
- Lique folioso e filamentoso.
- Froito do Loureiro (parecido a oliva negra arbore).
- Flores de primavera no outono.
- Botón de Venus.
- Bugallo de Carballo.
- Rascacus para limpar forno de pedra.
...inlcuso vimos plantas do tempo dos dinosaurios, da era terciaria en Seixo!!
Mil grazas Gaspar por compartir tantas cousas con nós e estar sempre disposto a axudar e ensinarnos cousas da natureza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario