Por fin chegou o día do primeiro Consello de nenas e nenos deste curso: tiñamos moitas ganas e moito que falar. Dous representantes de cada clase xuntámonos co equipo directivo, con Tano, Graciela e Ana, para contarlles o falado nas asembleas de cada clase... e o tempo pasounos voando!
Segundo a orde do día comezamos falando de propostas para facer todo o cole no noso proxecto R que R e saíron ideas moi boas e prácticas para levar a cabo entre todos.
Despois falamos sobre os obradoiros nos recreos, unha novidade deste curso que todos valoramos positivamente, porque nos encantan, tanto que tiñamos un montón de propostas novas!
Tamén falamos sobre o funcionamento do cole, valorando as cousas boas e vendo as que se poden mellorar.
Sempre levamos ideas e propostas ás que costa resistirse, porque temos ideas fantásticas e moitas inquedanzas... e encántanos que nos escoiten e dean valor as nosas propostas.
Os peques tamén van cargados de ideas e propostas para mellorar o cole.
Unha das cousas nas que coincidimos peques e maiores, é que queremos facer aínda máis cousas xuntos, axudarnos un aos outros... os pequenos queremos estar cos maiores e os maiores queremos axudar cos pequenos, e do consello sacamos algunhas propostas prácticas.
O consello tamén nos serve para preguntar porque algunhas cousas funcionan de determinado xeito e axúdanos a entender cousas que sin preguntar non entenderíamos. Que importante preguntar cando hai dúbidas!
Melloras para o patio, para a biblioteca, ideas para saídas, formas prácticas de coidar a contorna do cole, ideas para estar xuntos e desfrutar máis aprendendo... que delicia escoitarnos uns aos outros!! Agora temos moito que transmitir aos nosos compis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario