xoves, 29 de decembro de 2022

ACTIVIDADES ESPECIAIS DE NADAL

Ademais do festival de Nadal que xa compartimos con vós (premede AQUÍ si queredes velo), a última semana de clase tivemos moitas actividades especiais para todo o alumnado, dende 3 anos ata 6º, encántanos o Nadal!
O día 20 a chuvia deunos unha tregua e puidemos desfrutar do tren do Nadal que o concello mandou ata Seixo para facernos pasar unha mañá diferente e divertida.

O día 21 a hora da merenda foi moi especial, sobre todo porque foi compartida, e encántanos montar unha mesa común e compartir as nosas merendas: así saben mellor!


O último día a ANPA fixo chegar a todos os socios un agasallo moi especial que nos axudará a seguir RqueR: unhas tazas personalizadas (cos nomes) para usar nos días especiais e evitar usar vasos de tirar, encantáronnos!!


Para estrealas, a ANPA endulzounos cun rico chocolate con churros co que, literalmente, chupamos os dedos.

 

E non podíamos despedir o trimestre sen unha visita máxica que nos fixo mooooita ilusión. Mamá Noel pasou polo cole a saudarnos e repartir máis emoción e ilusión nestes días tan especiais.

 

Graciñas a ANPA Abelendos porque sen elas nada disto sería posible: sodes as mellores!

Ningún comentario:

Publicar un comentario