mércores, 9 de setembro de 2026

COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR

Comezamos un novo curso escolar con ilusión, entusiasmo e moitas ganas de aprender, compartir e vivir novas experiencias.
Durante os vindeiros meses conviveremos con ruídos, con andamios e con moitos cambios para adaptarnos ás obras. Pero lembrando que todo este movemento é para construír un cole mellor, máis cómodo e máis bonito!
Chega o momento de retomar rutinas, horarios, actividades,  proxectos... pero recuperamos algo fundamental... as ganas de reencontrarnos, de coñecernos mellor e de construír novas aprendizaxes...
Como xa ven sendo costume fíxose unha benvida e agradeceuse a confianza e colaboración das familias...
A educación das nenas e nenos é unha tarefa compartida na que familia e escola deben camiñar xuntos, mantendo unha comunicación fluída e traballando en equipo polo seu desenvolvemento integral.
Chegou a hora de merendar e como non podía ser doutro xeito fixemos unha merenda conxunta... pasámolo pipa!




Ao longo do curso será importante ter moi presente este kit de supervivencia que queremos compartir con vós!
Desexámosvos a todas e todos un moi FELIZ INICIO DE CURSO 2026-2027!

Ningún comentario:

Publicar un comentario