luns, 9 de outubro de 2017

OS DE 1º COMPARTEN O SEU PROXECTO: UN MUNDO ECOLÓXICO E CREATIVO

Os nenos e nenas de 1º aprenderon a importancia da reciclaxe e tamén o útil que é, xa que crearon xoguetes a partir de materiais os cales, se non reciclásemos, acabarían no lixo e contaminando.
Presentaron aos compañeiros o seu traballo e ademais compartiron varias cancións relacionadas co seu proxecto, as cales prepararon coa profe Rosa e a teacher Fátima.
Para que desfrutedes tanto como o fixeron os seus compañeiros, aquí vos deixamos parte da súa actuación con 3 destas participacións:
- Un musical titulado: Aziza´s hat (O sombreiro de Aziza)
- A canción: I like fruit (Gústame a froita)
- A canción do conto: Lobo feroz

Ningún comentario:

Publicar un comentario