Dentro do proxecto do cole, no que este ano nos centramos nos moitos recursos que nos ofrece Arnaldo dende a biblioteca, o alumnado de 5º traballou sobre a radio e fixeron un traballo fantástico e moi completo.
Na festa do saber presentaron aos compañeiros e ás familias parte do que investigaron e prepararon.
Tamén expuxeron unhas maquetas moi chulas que fixeron eles mesmos, algunhas das cales pasaran a formar parte da emisora do cole...
Prepararon unha presentación que resumía todo o que aprenderon da radio e a súa historia.
Ademais, durante o curso fixeron un montón de entrevistas moi interesantes que forman parte do seu proxecto. Podedes escoitalas premendo AQUÍ
E para rematar compartiron un programa radiofónico en directo que fixo as delicias de todos os espectadores: noticias, chistes, publicidade, imitacións... non faltou detalle! Ao final desta entrada vos deixamos un vídeo, que aínda que non é como velo en directo, seguro que vos fai pasar un bo rato.
facia moito tempo q non ria tanto..ata chorei da risa.. sodes uns e unhas fenòmen@s!! gran traballo! noraboa..
ResponderEliminargrazas Goyo por este ano..gran mestre, gran presoa.. feliz xubilaciòn!!!