Seguimos recordando actividades do curso pasado, algunhas daa cales, coma esta, non serían posibles sen a colaboración das familias.
Nesta ocasión os nenos e nenas de 1º e 2º recibiron a visita de Uxía, a mamá de Lúa e Fuco.
Ela sabe moito de árbores, de plantas... é unha amante da natureza que o contaxía en todo o que di.
Ensinounos as árbores do cole aproveitando que temos un patio precioso e moi variado. Nos fixamos especialmente nas follas que son moi diferentes. Con moito coidado fixemos unha recollida de follas diferentes que despois clasificamos, debuxamos e identificamos a que árbore pertencían. Ademais aprendermos a secar as follas para facer un herbario.
Grazas Uxía, unha vez máis, por compartir tantas cousas interesantes con nós.
Somos moi afortunados coas familias que temos... e nos encanta aprender cousas novas, así que animádevos: estades todos convidados a visitarnos!!
semore encantada d participar e compartir con tod@s o meu amor pola natureza.. sintome parte do cole..grazas😙
ResponderEliminar