Os campionatos no recreo son unha das actividades estrela dos recreos do último trimestre: son moi emocionantes e divertidos! Despois de formar os equipos e de facer o sorteo público, desfrutamos de moitos recreos xogando partidos de: atrapa a bandeira, brilé, baloncesto e futbol sala. E os peques de infantil tamén tiveron as súas probas!!
Outro dos momentos máis esperados é o partido do alumnado de 6º contra os profes, sempre é moi divertido!!
Este ano un grupo de exalumnos foron os encargados de facer a entrega de trofeos aos gañadores. "Equipo salvaxe", de 5º, foi o campión en brilé e "Driller-nike", de 6º, de atrapa a bandeira, baloncesto e futbol sala. Ademais, tamén se entregaron premios especiais de participación a todo o alumnado: un chaveiro especial feito na impresora 3D.
O ano que ven: máis e mellor!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario