Cando chega final de curso chegan as despedidas, e este ano tócanos despedir a esta tropa que, na maioría dos casos, leva 9 anos no cole... 9 anos son moitos anos!!
Para despedirnos agasalláronnos con este baile: un gran traballo en equipo!
E chegou o momento de entregar orlas e diplomas como resultado do esforzo e do traballo durante tantos anos, que emoción, todos marchan rumbo a secundaria!
Pero non pensedes que estes nenos e nenas sempre foron tan maiores. En setembro de 2014 chegaron a Seixo 14 pequenos e pequenas que desfrutaron 3 anos cheos de aprendizaxes co profe Jorge antes de saltar a primaria onde estiveron con Bea, con Graciela, con Pachú e agora despiden a primaria con Alexia.
En 3º sumáronse a este equipazo 6 novos compis que completaron o grupo que se despide este ano do cole.
Estes son os 20 graduados deste curso aos que botaremos moito de menos!
Incrible que xa pasasen 9 anos dende que chegaron ao cole, hai que ver canto medraron!!
Cando remataron infantil fixemos unha montaxe dos seus 3 primeiros anos no cole, e agora aínda é máis emocionante vela!
Se queredes ver máis recordos da súa etapa infantil podedes facelo premendo AQUÍ, onde atoparedes unha recompilación de entradas desta promoción: alucinaredes!!!
Ata pronto a todos e todas!
Desexámosvos o mellor, non só no instituto, senón en toda a vosa vida.
Lembrade que Seixo sempre será a vosa casa!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario