xoves, 23 de abril de 2020

REIVINDICACIÓNS POLO DÍA DO LIBRO

Os profes do cole participaron nunha actividade proposta por Bibliotecas Escolares de Galicia e que mellor data que a de hoxe para compartilo con todas e todos vós...
Neste día do libro estraño e diferente queremos reivindicar:
- O LIBRO que nos acompaña máis que nunca, que nos illa, que nos emancipa, que nos libera, nos atrapa, nos sacude, que nos remove, que nos fai poñer os pés na terra e que nos permite viaxar.
- OS AUTORES E AUTORAS: traballadoras e traballadores que nos agasallan con momentos de liberdade absolutos, Non permitamos que as súas creacións perdan valor nunha liquidación dixital.
- AS LIBRARÍAS: espazos máxicos e misteriosos nos que vovleremos a perdernos, que nos acollen, que nos aconsellan e que nos sorprenden. Que coñecen as nosas necesidades, as dos nosos alumnos e alumnas e as necesidades das nosas bibliotecas.
Máis que nunca precisamos saber onde estamos e cara onde imos...
Máis que nunca precisamos da lectura!

Queremos agradecer ao Equipo da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia por tan fantástica iniciativa e por tan boa reflexión que aquí quixemos lembrar e compartir coa nosa comunidade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario