mércores, 28 de novembro de 2018

NOVA REVISTA NA BIBLIOTECA

Chegou a nosa biblio unha nova revista que nos encanta. 

Cremos que as revistas son un gran instrumento para fomentar a lectura porque son moi atractivas e captan a atención.
ARTHIS é unha revista de arte e historia para nenos moi coidada e feita con moi bo gusto.

Cada número terá 20 páxinas monográficas nas que, cando entredes na súa lectura, atoparedes información histórica contada de forma divertida, cunha linguaxe sinxela e directa. 
Os textos están ilustrados e compleméntanse con mapas dos lugares nos que transcorre a acción.

HÓNIX, unha mascota diseñada polo ilustrador Álvaro Ortega, acompañaravos en fascinantes viaxes a través do tempo e do espacio. 
Ollo porque irá cambiando de indumentaria en cada número.

Un cómic do debuxante Adrián Peláez ofrecerá unha aproximación gráfica aos personaxes relevantes do pasado dunha maneira graciosa e humorística que vai facer que aprendades e reforcedes coñecementos adquiridos. 
Estade atentos porque ARTHIS vaivos poñer a proba nunha sección de pasatempos, xogos e preguntas e respostas para valorar o que aprendestes e para que teñades unha aproximación divertida ao coñecemento histórico e artístico.
Poderedes comprobar que cada número se vai pechar coa biografía dun protagonista imprescindible en formato dun perfil nas redes sociais.

martes, 27 de novembro de 2018

CAMPAÑA RECOLLIDA ALIMENTOS

Compañeiros... Hoxe quero compartir con vós unha noticia moi moi importante. Un ano máis está a piques de arrancar unha nova CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS dos coles e entidades do Concello de Marín.

E nos tamén imos participar e colaborar...
Dende o vindeiro luns día 3 de decembro e ata o xoves 20 imos ter a posibilidades de traer alimentos solidarios ao noso cole para colaborar con este campaña tan boa e interesante.
Animádevos!


luns, 26 de novembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Boas amiguiños! Hoxe queremos compartir con todas e todos vós a celebración especial que tivo lugar no noso cole, no día de hoxe, con motivo do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Este ano, e botando man da temática das Bibliotecas Escolares, para este curso 2018-2019, Poéticas Diversas, quixemos relacionalo coa violencia de xénero e traballar nas nosas aulas unhas cancións.
Porque as cancións son poesías, poesías especiais con música nas que, en moitas delas, están presentes temas en contra da violencia de xénero.
A continuación podedes ver o resultado do noso traballo! Desexamos que vos guste!
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!




venres, 23 de novembro de 2018

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Aínda que no cole o imos celebrar o vindeiro luns, os nenos e nenas de infantil de 3 anos queren compartir con nós un pequeno traballo que estiveron a facer na clase no día de hoxe. Así podemos ir reflexionando a fin de semana sobre o tema.
Por aquí vos deixamos algunhas fotiños...












xoves, 22 de novembro de 2018

CELEBRANDO O DÍA DA MÚSICA

Como vos dicíamos hoxe tivo lugar no noso cole a Celebración do Día da Música, o día adicado a Santa Icía.

Estivemos coloreando unhas pegatinas que logo nos colocamos.
Tamén tivemos a sorte de poder contar con Zoilo, papá de Emma (6º de infantil) e Zoilo (6º de primaria), quen quixo compartir con nós a súa experiencia e vida musical.
Pasámolo moi moi ben e desfrutamos moito. Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo...


Gracias familias, unha vez máis, pola vosa colaboración co cole. Sodes fenomenales!

mércores, 21 de novembro de 2018

ACTIVIDADES POLO DÍA DA MÚSICA

Queremos deixarvos por aquí un pequeno adianto da visita ao noso cole do papá de Emma (5 anos) e Zoilo (6º de primaria) con motivo da conmemoración do día da Música.
Moitísimas gracias Zoilo pola túa colaboración e preparación da actividade para os nosos nenos e nenas.
Pasárono en grande!


Gracias tamén á mamá de Dimitri, Tatiana, quen finalmente por problemas de saúde non puido participar. 
Queda para outra que Arnaldo quedou encantado e con ganas de máis!

luns, 19 de novembro de 2018

O GALEGO VALE OURO

    Os nenos e nenas de 6º están concienciados da importancia de usar o noso idioma se queremos que se manteña vivo e non se perda, por iso debemos usalo en todos os ámbitos da vida. 
    Para isto fixeron unha campaña de promoción do galego e este foi o resultado: uns carteis chulísimos!!!