xoves, 8 de decembro de 2022

MES DA CIENCIA

Novembro é o mes da ciencia e a nós encántanos investigar, experimentar... así que non perdimos a oportunidade de celebralo como se merece: experimentando!! Aproveitamos os obradoiros dos recreos para poñernos mans á obra. 

O alumnado de primaria experimentamos cun fluido non newtoniano, vamos que non cumple as caracteristicas dos fluidos que dicía Newton (como a auga). Un fluido moi extraño que si o tocas con suavidade é liquido pero si lle das con forza é duro!

Fixémolo reutilizando vasos de iogur así que o levamos para compartir na casa... é un fluido alucinante!!

Os peques investigamos porque se bota sal na carreteira cando hai xeo, e coa axuda de sal e auga de cores buscamos uns tesouros agochados no xeo... que emocionante!!!


VIVA A CIENCIA, EN NOVEMBRO 
E TODO O ANO!

sábado, 3 de decembro de 2022

I RASTRILLO DE ROUPA USADA

Se premedes AQUI podedes ler a importancia do que se fixo o outro día no cole. O I rastrillo de roupa usada foi todo un éxito. Ademais de darlle unha nova vida a moitas prendas de roupa, pasamos unha tarde moi agradable compartindo tempo entre as familias. Entre todos seguimos RqueR!

En Seixo tamén queremos textis circulares e sostibles, porque os residuos están pasados de moda!

xoves, 1 de decembro de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO SAMAÍN

Na semana do Samaín seguimos celebrando o día das bibliotecas e por iso decoramos as portas das aulas con portadas dos contos máis terrorificamente divertidos, e queremos compartir todas as portadas con vós e de paso recomendarvos todos estes contos que nos encantan y igual vos damos algunha idea para os agasallos de Nadal.
 











martes, 29 de novembro de 2022

RqueR coa roupa

Sabiades que para facer un par de vaqueiros fan falta 7.000 litros de auga e que unha camiseta necesita 2.700 litros?, iso equivale ao consumo de auga potable dunha persoa en 2,5 anos.
A Semana Europea da Redución de Residuos (EWWR) anima a todos os europeos a levar a cabo accións de concienciación sobre a xestión sostible dos recursos e os residuos durante unha semana de novembro.
Este ano está dedicada á industria téxtil e da confección, que é un dos sectores máis contaminantes, xunto coa vivenda, o transporte e a alimentación. 
E aí entra o RASTRILLO que faremos no cole, onde faremos que roupa usada siga circulando e sexa máis sostible. 
A Semana Europea da Redución de Residuos traballa coa xerarquía de residuos. As accións levadas a cabo na EWWR céntranse nas 3R: promovemos a REDUCIÓN do consumo, a REUTILIZACIÓN de produtos e materiais, e a RECICLAXE de residuos. Estas son as principais Rs a ter en conta á hora de revalorizar os hábitos de consumo... aínda que hai moitas máis, que xa sabedes que este curso andamos RqueR descubrindo a importancia de todas as Rs.
A contaminación que produce o sector téxtil débese ao forte impacto que ten sobre o uso da terra, a contaminación da auga e mesmo as emisións de gases de efecto invernadoiro. Este sector ten un alto impacto ambiental e social en todas as fases: desde a produción ata a distribución, o uso e o uso posterior (recolección, clasificación, reciclaxe e xestión final de residuos, que na súa maioría está relacionada coa incineración e os vertedoiros).
Esperámosvos!!

sábado, 26 de novembro de 2022

MARÍN, O NOSO CONCELLO

O alumnado de 2º de primaria estivo a investigar un pouco sobre algunhas zonas de Marín e da nosa parroquia de Seixo. Non puidemos falar de todas as cousas fermosas que temos, pero esperamos que disfrutedes co video.

xoves, 24 de novembro de 2022

O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA DI NON Á VIOLENCIA

Con motivo do día contra a violencia de xénero (25 de novembro), o alumnado de 2º de primaria elaborou un pequeno video onde expresan o seu NON a todo tipo de violencia, e por suposto tamén á violencia de xénero.

Deunos mágoa non contar con todo o alumnado por causa dos virus. Estarán no próximo.

mércores, 23 de novembro de 2022

FELIZ DÍA DA MÚSICA!

Este ano desfrutamos o día da música cunha visita moi pero que moi especial: a banda de música Marín! Que afortunados por poder compartir unha mañá con eles coñecendo os instrumentos e desfrutando de boa música.
 

Cada músico presentou o seu instrumento e nos explicou cousas sobre el, ademais de tocarnos pezas que nos encantaron e que coñecíamos moi ben! Aquí tendes un resumo para que poidades coñecer os instrumentos da banda.
 
  

E tamén nos deleitaron con moitas cancións que coñecíamos ben e que cantamos con eles, como esta da Banda sonora de "Encanto", porque... quen non coñece a canción de Bruno? E non vos perdades o colofón: Sabrín, a nosa compi de 6º, convertiuse en directora da banda!!

 

Outra que coñecíamos ben, maiores e pequenos, é a de Bob Esponja!
 
 

Que fermosa sonaba esta canción de Frozen tocada pola banda, son uns artistas!

  

E desfrutamos de moitas cancións máis, houbo tempo para Piratas, superheroes... pasámolo xenial!


Animamos a todas as familias a unirse á banda de música, aquí tendes a información que levaron para casa. Encantaríanos ter máis músicos no cole: animádevos!!!