martes, 21 de maio de 2019

NOVO XOGO NA BIBLIO

Estamos de sorte amiguiños! Chegou un novo xogo a nosa Biblio!
Xa tendes a vosa disposición no recuncho creativo da Biblioteca
PIKO PIKO
un novo e apoixonante xogo co que aprenderedes moreas de cousas. 
Deixámosvos o seguinte vídeo no que poderedes ver como se xoga a PIKO PIKO:

ESPERÁMOSVOS NA BIBLIO PARA DESFRUTAR CON EL!

V CONCURSO DE RELATO CURTO - MARÍN CONTA

Moi boas amiguiños!
O pasado Xoves 16 de Maio, nun acto levado a cabo polo Ateneo de Marín, Antonio (o noso compañeiro de 5º de primaria) recolleu o seu premio pola obra narrativa "O XIGANTE BARRIGÓN".

Un acto enmarcado nas actividades en torno á celebración das Letras Galegas no que, Antonio, ademais de recoller o seu premio...
deu lectura pública da súa obra. 
Para compartilo con todas e todos vós gravámoslle unha entrevista en A VOZ DE ARNALDO. 
Non vos perdades o relato... 
O XIGANTE BARRIGÓN
Noraboa Antonio!

luns, 20 de maio de 2019

CAMPAÑA RECOLLIDA ROUPA

Moi bos días!
Hoxe queremos compartir con vós que o noso cole vén de participar na...

En colaboración con...

Durante varios días estivemos recibindo roupa de todo tipo gracias á colaboración de todos os nenos e nenas e das familias do noso cole...

GRACIAS, 
UNHA VEZ MÁIS, 
FAMILIAS 
POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

venres, 17 de maio de 2019

O CANCIONEIRO DE SEIXO

Con motivo da celebración das Letras Galegas 2019 e tendo en conta ao autor homenaxeado deste ano, Antonio Fraguas...
- CARICATURA FEITA POLOS NENOS/AS -
(BOTANDO MAN DUNHA OBRA DOS BOLECHAS)

Dende o Ceip de Seixo, collendo o lema deste ano para as Biblios "POÉTICAS DIVERSAS", quixemos elaborar un Cancioneiro con poemas que falaran e percorreran as diferentes etapas da vida e temáticas tratadas polo homenaxeado nas súas obras.
Este foi o resultado, desexamos que vos guste:
ANTONIO FRAGUAS 
(INFANTIL) 
Antonio Fraguas foi un home 
que naceu en Cotobade, 
a súa lingua era o galego 
que a amaba de verdade. 

Gustáballe moito as letras 
non paraba de escribir, 
xuntou numerosas obras 
dende Cotobade ata o seu fin. 

Neste ano nas Letras Galegas 
queremos lembrarnos del, 
exemplo de galeguista 
sempre se falará ben.

O TRAXE GALEGO
(1º e 2º de primaria)

O traxe galego
é negro e vermello,
o traxe galego
loce coma un espello.

O traxe galego
que bonito é,
ponse pola cabeza
e quítase polos pés.

O traxe galego
lévase para bailar,
úsase para festexar
e tamén para cantar.
 A ROMARÍA 
(3º e 4º de primaria) 
No alto da montaña 
celebrábase a romaría, 
había moitos nenos 
naquel fermoso día. 

A carballeira engalanada 
acollía a celebración, 
moreas de rosquilleiras 
para festexar ó patrón. 

Todos xuntos para ir de festa 
a cantar e bailar coa orquestra, 
ao rematar a diversión 
tocaba ir de procesión. 

Gústanos moito ir de romaría 
para poder bailar todo o día, 
pero cando é hora de regresar 
xa non podemos nin camiñar.


AUGAS DE GALICIA
(3º de primaria)
Se coa auga dos encoros
electricidade podes obter, 
coa auga das fontes 
auga fresca podes beber. 

Se na auga do mar 
queres navegar, 
na auga do río 
terás que remar. 

Se coa auga do balneario 
o corpo vas curar, 
coa auga do acuario 
os peixes vas desfrutar. 

A nosa Galicia azul 
é toda unha beleza 
dende o norte ata o sur 
hai auga por natureza.


A TRADICIÓN POPULAR
(5º de primaria)
Isto sucede en maio
cando os nenos cantan e xiran
a ritmo dos paos
con moita alegría.

As xestas amarelas
adornan os coches
os balcóns e cancelas
para afastar ás meigas.

Constrúen os maios
con ovos, fiunchos, laranxas,
colares de flores
é a saia de espadaina.

As nenas entoan coplas
sobre temas diferentes
a primavera, as queixas
dando voz á xente.

Todos co uniforme
e os panos ao pescozo
cantando e vendendo coplas
recorren o pobo enteiro.

Ao rematar á merendola
rosca, espeso chocolate
que gozan todos xuntos
cos galardoados de tarde
 A NOSA GALICIA MÁXICA
(6º de primaria)
A mellor noticia
que che poden dar,
é visitar Galicia
para desfrutar.

A nosa Galicia máxica
é a mellor para vivir,
Nunca esquezas
da nosa terra presumir.

As grandes cidades
has ti visitar,
e chegarás a pobos
onde poderás descansar.

Nos claros ríos
vas poder pescar,
e nas fermosas praias
pasear.

No noso mar azul
fermoso para navegar,
con todas as ondas
poderás surfear.

Aquí terás rico viño
para poder beber,
e moito polbo fresco
ata aborrecer.

FESTAS E ROMARÍAS
(6º de primaria)
 As mellores festas aquí están,
en Galicia moitas hai,
non me chegan para contar
os dedos das nosas mans.

A sidra, o polbo,
nas festas non poden faltar,
a mazá e a empanada,
son o tradicional.

Imos todos á cantina
unhas tapiñas imos tomar,
e logo todos xuntos
imos cos gaiteiros bailar.

Mira ese neno pequeno
como está a gozar,
estache moi contento
porque pode bailar.

Que soen as gaitas!
Todos a bailar!
Tedes moito tempo
para desta festa desfrutar.

As mozas e os mozos
na festa van bailar,
e algúns deles
tamén poden ligar.

Estámosvos de festa,
estámosche de parranda,
bailemos todos xuntos
ata a madrugada!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

O Ceip de Seixo quere desexarvos un...
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS
en homenaxe 
de 
ANTONIO FRAGUAS

xoves, 16 de maio de 2019

V CONCURSO DE RELATO CURTO - MARÍN CONTA

Rapaces! Estamos de noraboa!
Antonio acaba de resultar gañador co seu relato curto "O XIGANTE BARRIGÓN" no V Concurso de Relato Curto "Marín Conta"
Hai uns días o Ateneo Santa Cecilia de Marín - Club UNESCO convocaba este concurso, no que o cole de Seixo quixo participar con todos os nenos e nenas de 5º e 6º. Entre eles, o traballo de Antonio, convenceu ao xurado e resultou gañador na categoría de Primaria.
Parabens!!!!!
Nun acto organizado para hoxe pola tarde, podedes acompañar ao noso galardoado, todos os que o desexedes, Antonio recibirá o premio de parte da organización e fará a lectura pública do seu traballo "O XIGANTE BARRIGÓN".
NON VOLO PERDADES!

mércores, 15 de maio de 2019

OS BOOKTUBERS COA BIBLIOTECA INCLUSIVA

Xa vos ensinamos a exposición que temos montada agora mesmo. Podedes recordalo premendo na imaxe. Os nenos e nenas van elixindo diferentes contos para ler.


Mateo, Izan e Antía, ademais de desfrutar de algún dos libros da exposición, convertéronse en booktubers. Como xa vos contamos algunha vez, os booktubers son lectores e lectoras que, nun pequeno vídeo, comparten a súa opinión e todo o que lles fixo sentir un libro, para que outros se animen a lelo. Aquí vos deixamos a súas recomendacións, a ver si vos animades a ler algún dos contos que presentan.