venres, 1 de decembro de 2017

OS INCENDIOS FORESTAIS

Os nenos e nenas de 6º fixeron un gran mural con moito contido que ten detrás moitas horas de traballo: investigando, reflexionando....



Recordades a obra que representaron fai pouco? Podedes vela premendo no título: O HOME DO LUME.


Sensibilizados e preocupados pola última oleada de incendios que sufriu Galiza, decidiron facer unha gran aportación.


Reflexionaron sobre as causas... 


...e tamén sobre as consecuencias dos incendios.


Pero o máis importante: pensaron ideas prácticas para prevenir os incendios e que non volva pasar algo así.

Achegádevos a vela para ler ben todo o que escribiron: seguro que aprendedes un montón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario