martes, 13 de febreiro de 2018

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe, 13 de febreiro, celébrase o día mundial da radio, e dende A voz de Arnaldo, a radio do noso cole, non podíamos deixar pasar un día tan especial. 




Dende a Rede Espora, ademais de recibir moito apoio e recursos para a radio, recibimos a proposta de participar nunha gravación conxunta con outros coles galegos.



Este ano a temática son as mulleres deportistas, e aos compis de Rede Espora ocorréuselles a xenial idea de darlles visibilidade a algunhas delas a través da personificación en alumnas dos centros. 



Así que no cole de Seixo todas as nenas de 5º e 6º gravaron un pequeno texto e unha destas gravacións formará parte dunha montaxe con máis gravacións de centros escolares de Galicia, a cal será colgada na canle do Día Mundial da Radio.



Estade atentos porque compartiremos esa montaxe e descubriremos quen foi a alumna representante da nosa radio: A Voz de Arnaldo

1 comentario:

  1. Bravo a estas locutoras e todo o noso agradecemento a vos por participar neste proxecto. Feliz día da Radio, aquí tedes o resultado... https://soundcloud.com/user-263481977/dia-mundial-da-radio-2018-mulleres-nas-suas-marcas-rede-espora

    ResponderEliminar