domingo, 3 de marzo de 2019

UN ENTROIDO COMO PATIO DOS NOSOS SOÑOS

Este ano o noso proxecto de cole está centrado no patio dos nosos soños, así que pensamos que os diferentes espazos que queremos poñer en marcha serían uns marabillosos protagonistas para este entroido.
Como cada ano, grazas á colaboración de todas as familias, que mandades uns postres deliciosos, desfrutamos dunha merenda especial chea de larpeiradas riquísimas .
As mamás da ANPA, unha vez máis, axudáronnos coa preparación e reparto da merenda: moitísimas grazas!
Todos, alumnado e o profesorado...,
eliximos disfraces de diferentes espazos para o noso patio e, un ano máis, alucinamos con algúns disfraces feitos na casa: hai moito artista neste cole!!! 
Aquí vos deixamos un pequeno resumo. Recoñecedes todos os espazos que vai haber no patio dos nosos soños?

E todos xuntos saímos a lucir os nosos disfraces polas rúas de Seixo...
E se vos queredes meter no noso desfile... só tendes que ver este vídeo!

FELIZ ENTROIDO!!!

1 comentario: