martes, 8 de outubro de 2019

BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020:
Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.

A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario