O alumnado de 4º, 5º e 6º visitaron dúas veces Pontevedra para participar nunha axenda cultural do máis variada...
Por unha banda, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria asistiron á Obra de Teatro levada a cabo na sede Afundación, con nome Trolla.
Se queredes saber máis só tendes que pinchar na seguinte imaxe e accederedes ao blogue de sexto onde poderedes atopar máis información...
Os nenos e nenas de 4º e 5º de primaria...
Visitaron o Pazo da Cultura para asistir ao concerto musical a cargo do grupo Djilandiang
Unha actividade con entrada de balde, promovida por Fundación La Caixa, en colaboración co Concello de Pontevedra, enmarcada dentro dun programa adicado ás músicas do mundo.
Algo máis ca un concerto: a música como medio para achegarnos a diferentes culturas...
Pasámolo en grande e desfrutamos moitísimo! Deixámosvos por aquí un anaquiño da actuación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario