Arnaldo xa está preparado para recibir, un ano máis, a semana grande do SAMAÍN no noso cole!
Hoxe recibistedes nas vosas casas unha cartiña coma esta...
Queremos aproveitar o blog para explicar un pouco máis a axuda que precisamos de todos vos.
CABAZAS DECORADAS
Un ano máis animámosvos a decorar unha cabaza cos vosos fillos e fillas, desfrutando de facelo xuntos. Os que vos animedes tendes que traelas o luns día 28 para levalas devolta o mércores 30 e así decorar tamén os vosos fogares.
Animádevos a vir a facernos unha visitiña e desfrutar da exposición arrepiante de cabazas! Coma sempre estarán ubicadas nas dúas entradas.
RELATOS CURTOS DE MEDO
Unha actividade pensada para o alumnado de 5º e 6º na que queremos animar ao alumnado a soltar a súa imaxinación e escribir pequenos relatos de medo, que poden resultar terroríficos ou moi divertidos!
Todos os que se animen gravarán o seu relato na radio para que todos o poidades desfrutar.
POLO SAMAÍN... CÓNTAME A MIN
Queremos convidar a todas as familias de infantil a contar un conto “de medo” na clase do voso fill@. Podedes visitar na biblioteca a exposición con contos que podedes coller prestados e utilizar para contar no cole, pero se tendes na casa algún pois aínda mellor!
Se vos animades concretade día e hora coas titoras.
MERENDA TERRORÍFICA
O mércores 30 queremos convidarvos a que todo o alumnado traia unha merenda terrorífica, para compartir, relacionada co Samaín. Será unha merenda especial nas aulas antes de saír ao recreo, na que os nenos e nenas amosarán as súas montaxes terroríficas antes de papalas.
HORA DE LER A ESCURAS
O mércores 30 todos os nenos e nenas deben traer unha lanterna porque faremos a hora de ler as escuras para que sexa terrorificamente divertida!
Non dubidedes en preguntar o que sexa... contamos con vos!
uuuuuuuuuuu....
ResponderEliminar