domingo, 23 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

E por fin chegou o día de celebrar a festa do Entroido no cole de Seixo...
Comezamos a mañá desfrutando dunha super merenda na que se puido degustar moitísimos productos típicos desta festa...
Gracias familias, unha vez máis, por tanta colaboraión e empeño na elaboración das vosas sobremesas! Estaba todo riquísimo!
Despois puidemos desfrutar dun recreo moi especial na compañía das nosas familias... Mirade que ben o pasamos!
Os profes tíñannos preparados dous photocalls nos que puidemos sacar moreas de fotos con todos os nosos compañeiros e coas nosas familias... Que chulada!
Dende a clase de música estivemos preparando, todo o cole, un baile. Era unha sopresa! Unha sorpresa que, con moita ilusión, estivemos gardando nas nosas casas ao longo de toda a semana! E o resultado.....
Os profes tamén se disfrazaron! Mirade que ben o pasaron!
Grazas como non á nosa ANPA ABELENDOS que unha vez máis nos prestaron axuda para preparar todo... Sodes xeniais!
Desfrutade destes días e pasádeo moi moi ben rapaces!
Todos os profes do cole desexámosvos un...

FELIZ ENTROIDO!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario