xoves, 20 de febreiro de 2020

ENTREVISTA A ROSA ANEIROS

Rosa Aneiros estivo na nosa biblio hai uns días...
Tivemos moi pouquiño tempo para desfrutar dela e non puidemos facerlle a entrevista en A VOZ DE ARNALDO que tiñamos preparada...
Pero Rosa é xenial. Fixémoslle chegar a nosa entrevista e aquí tendes o resultado...
ENTREVISTA A ROSA ANEIROS
XELÍS 
O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR

- A: MOI BOS DÍAS DENDE A VOZ DE ARNALDO
- H: HOXE TEMOS A SORTE DE PODER CONTAR NA NOSA RADIO CON ROSA ANEIROS
- A: VEUNOS A FALAR DE “XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR” UN LIBRO QUE ESTIVEMOS LENDO OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º DE PRIMARIA.
- H: PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2019 E PREMIO FERVENZAS LITERARIAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL 2019, NON PODÍAMOS DEIXAR ESCAPAR A OPORTUNIDADE DE PODER ENTREVISTALA
- A: MOI BOS DÍAS ROSA!
- H: PERMÍTENOS QUE TE TUTEEMOS… IMOS COMEZAR POLO TEU TRABALLO ACTUAL. AÍNDA QUE ERES ESCRITORA SABEMOS QUE TAMÉN TRABALLAS COMO XORNALISTA E INVESTIGADORA DA SECCIÓN DE COMUNICACIÓN DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA…¿EN QUÉ CONSISTE ESTA LABOR?
- ROSA: TRABALLO NA ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DIVULGATIVAS DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA. ESTAS ACTIVIDADES ABRANGUEN TODOS OS ÁMBITOS CULTURAIS: CINEMA, TEATRO, CIENCIA, LITERATURA, PATRIMONIO ARTE, MÚSICA… É UN TRABALLO MOI BONITO E PERMÍTEME COÑECER XENTE DO MÁIS INTERESANTE.

- A: TAMÉN COLABORACHES E COLABORAS EN DISTINTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN TANTO IMPRESOS COMO DIXITAIS… ¿EN QUÉ CONSISTEN ESTAS COLABORAACIÓNS? 
- ROSA: AGORA XA NON COLABORO TANTO PORQUE NON TEÑO TEMPO. ANTES FACÍA TODAS AS SEMANAS ARTIGOS PARA PRENSA E PARA A RADIO GALEGA. ISTO OBRIGÁBAME A ESTAR MOI ATENTA Á ACTUALIDADE E RESULTÁBAME MOI ESTIMULANTE, PERO TAMÉN REQUIRE UNHA DEDICACIÓN DA QUE CAREZO ACTUALMENTE. 

- H: E TAMÉN FOCHES DOCENTE… QUE CONSELLO NOS PODES DAR PARA O NOSO FUTURO OU DÍA A DÍA? 
- ROSA: QUE TRABALLEDES ARREO PARA CONSEGUIR O QUE QUEIRADES. QUE NON VOS RINDADES NUNCA E QUE FOMENTEDES A IMAXINACIÓN E A REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES QUE VOS GUSTAN. 

- A: ATOPÁMONOS NA VOZ DE ARNALDO E SABEMOS DAS TÚAS COLABORACIÓNS NA RADIO GALEGA… ¿QUE NOS ACONSELLERÍAS PARA SEGUIR TRABALLANDO CON ESTA FERRAMENTA NO NOSO COLE? 
- ROSA: A RADIO É O MEDIO ESTRELA DA PROXIMIDADE E DEBE FALARLLE Á ORELLA ÁS PERSOAS QUE A ESCOITAN. POR ISO É IMPORTANTE FALARDES DAS COUSAS QUE VOS IMPORTAN, SEN GRANDES TEMAS QUE VOS RESULTEN ALLEOS. O COTIÁN, O MÁIS PRÓXIMO, ESTÁ CHEO DE MAXIA E DE INTERESE TAMÉN. SÓ ASÍ LOGRAREMOS ENGANCHAR AOS NOSOS OÍNTES, FALANDO DO QUE LLES IMPORTA DE VERDADE. 

- H: PASEMOS Á ROSA ESCRITORA… ¿QUÉ HAI QUE FACER PARA SER ESCRITORA? ¿CÓMO EMPEZACHES A ESCRIBIR? 
- ROSA: PARA SER ESCRITORA? ESCRIBIR, ESCRIBIR, ESCRIBIR E LER. CÓMPRE SER PERSEVERANTE E CORRIXIR MOITO. OS BOS TEXTOS, POLO MENOS A MIN, NON ME SAEN Á PRIMEIRA, SENÓN QUE SON FROITO DE MOITO TRABALLO. EMPECEI A ESCRIBIR MOI PEQUENA, APENAS SABÍA AS LETRAS. 

- A: ¿LEMBRAS O PRIMEIRO LIBRO QUE LICHES E A PRIMEIRA HISTORIA QUE ESCRIBICHES? 
- ROSA: NON O LEMBRO. SI LEMBRO AS HISTORIAS QUE ME CONTABA O MEU PADRIÑO E AS CAUSANTES DE QUE ME DEDICASE EU TAMÉN A CONTAR CONTOS. ERAN HISTORIAS DE CUBA E DO RATIÑO DE CIDADE QUE ÍA VISITAR O RATIÑO DE MONTE. EU ESCRIBÍA MOITAS CARTAS ÁS AMIGAS, ESAS FORON A MIÑA PRIMEIRA LITERATURA. 

- H: AGORA MESMO… ¿ESTÁS LENDO OU ESCRIBINDO ALGO? 
- ROSA: ESTOU ESCRIBINDO UNHA NOVELA, OU TENTÁNDOO E LENDO VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES DE JULES VERNE 

- A: QUEN É O TEU ESCRITOR OU ESCRITORA FAVORITO? INFLUENCIOUCHE NO TEU TRABALLO COMO AUTORA? 
- ROSA: ANXOS SUMAI, OLGA NOVO, LEDICIA COSTAS, MANUEL RIVAS, GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ, SARAMAGO, AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, GLORIA FUERTES, ALMUDENA GRANDES, FRAN ALONSO, XABIER DOCAMPO… A LISTAXE É INFINITA. 

- H: CANDO CHEGAMOS A CASA TEMOS UN ESTUDIO DONDE FACEMOS AS TAREFAS, LEMOS, ESTUDAMOS… ¿TI TES UN SITIO, MOMENTO PREFERIDO OU MANÍA CANDO TE POS A ESCRIBIR? 
- ROSA: NON, ESCRIBO ONDE ME DEIXAN.

- A: ¿CANTO TEMPO LLE DEDICAS A ESCRIBIR? 
- ROSA: NON TEÑO UN TEMPO ASIGNADO, AQUEL QUE VOU ROUBANDO AOS DÍAS… 

- H: ¿DE DÓNDE SAEN AS IDEAS? ¿CÓMO SE CHE OCORREU A DE XELÍS? 
- ROSA: DE CALQUERA SITIO, DAS NOTICIAS DA PRENSA, DOUTROS LIBROS, DUNHA FOTOGRAFÍA, DUNHA CANCIÓN, DE ONDE LLE CADRE. XELÍS NON LEMBRO ONDE NACEU, PERO LEVA MOITOS ANOS COMIGO. É UN VELLO AMIGO XA. 

- A: EN CANTO AOS FINAIS DOS LIBROS… ¿CAL FOI O MÁIS DIFICIL DE ESCRIBIR SEGUNDO A TÚA EXPERIENCIA? ¿CAMBIACHES ALGÚN DESPOIS DE TELO ESCRITO? 
- ROSA: TODOS TEÑEN AS SÚAS DIFICULTADES NALGÚN MOMENTO E EN TODOS CAMBIEI MOITAS COUSAS NAMENTRES OS ESCRIBÍA. ESA É A MAXIA DE ESCRIBIR, DEIXAR QUE NAZAN E MEDREN MENTRAS OS ESCRIBES! 

- H: ¿GUSTARÍACHE FACER UNHA PELÍCULA DALGÚN DOS TEUS LIBROS? 
- ROSA: NON. GUSTARÍAME QUE A FIXESEN OUTRAS. A LINGUAXE AUDIOVISUAL É DIFERENTE E PRECISA OUTRA OLLADA DIFERENTE DA DA ESCRITORA. 

- A: XA PARA REMATAR… XA VICHES QUE A NOSA BIBLIO ESTÁ CHEA DE LIBROS, REVISTAS, NOVIDADES, XOGOS, FERRAMENTAS DE ROBÓTICA, MESA DE LUZ, LEGOS, ORDENADORES, IMPRESORA 3D… UN VIVEIRO DE CIDADANÍA INMENSO NA QUE NOS ENCANTA ESTAR E DESFRUTAR DELA… QUE SENTE UNHA ESCRITORA COMA TI AO SABER DISTO E QUE NOS PODES DICIR SOBRE ESTE TRABALLO QUE SE ESTÁ LEVANDO A CABO NO NOSO COLE? 
- ROSA: OS COLES SON MARABILLOSOS, SON LUGARES PARA A ESPERANZA E ONDE UNHA PODE MIRAR, COMA SE FOSE POR UN FURADIÑO, O QUE VAI SER O FUTURO E EN COLES COMO O VOSO O FUTURO É PROMETEDOR, CARGADO DE IMAXINACIÓN E DE GANA DE CAMBIAR AS COUSAS. TEN UNHA PINTA BÁRBARA! 

- H: POIS ATA AQUÍ A ENTREVISTA CON ROSA ANEIROS 
- A: MOITÍSIMAS GRACIAS ROSA POLO TEMPO QUE NOS ACABAS DE REGALAR. ESTAMOS MOI CONTENTOS DA TÚA VISITA E MOI AGRADECIDOS. 
- H: MOITAS GRACIAS! 
- ROSA: GRAZAS A VÓS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario