luns, 17 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Dende o Ceip de Seixo desexámosvos a todas e todos un moi feliz...
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
na memoria de...
XELA ARIAS
O alumnado voluntario de 1º a 5º de primaria levou a cabo unha actividade, arredor da biografía da homenaxeada, na que buscaron información e a gravaron en frases moi curtas na pizarra magnética...
Os máis pequenos pasaron pola exposición para escoitar o traballo...
Rematada a actividade fíxose unha montaxe en vídeo para darlle a coñecer a toda a comunidade educativa un pouqiño máis sobre XELA ARIAS. Por aquí vos deixamos a montaxe!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

1 comentario:

  1. Os nenos son o futuro da lingua galega..
    Fala, escoita.. sinte en galego!!
    ☆FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!☆

    ResponderEliminar