sábado, 1 de outubro de 2022

DESPEDIDAS QUE DEIXAN PEGADA!

No cole de Seixo non so Arnaldo deixa pegada, a realidade é que as pegadas máis profundas son as que deixa o alumnado e o profesorado.
Onte foi un día moi emotivo e especial, cunha mestura grande de sentimentos. Onte despedimos a Lourdes, a mellor orientadora do mundo mundial, que se xubila despois de 23 anos en Seixo. Estamos felices por ela, porque se xubila chea de vitalidade e saúde despois de toda unha vida facendo un traballo impecable a nivel profesional e persoal. Pero, ao mesmo, tempo estamos tristes, porque perdemos unha gran profesional e unha compañeira de 10.


Estes somos os compis que tivemos a sorte de compartir con ela o seu último mes, pero todos os que traballaron ao seu lado están de acordo con nós en que a súa pegada estará sempre no cole e en cada un de nós. Con ela aprendimos moito e enriquecemos o noso traballo co alumnado, que sempre foi a súa prioridade.
Graciñas Lourdes pola túa paciencia, polo teu cariño e pola túa cercanía coas familias, co profesorado e co alumnado. Graciñas por ter sempre aberta a porta do despacho, para escoitarnos, animarnos, aconsellarnos... graciñas por ser compañeira e amiga. 
  

Poderiamos seguir falando do marabillosa que é a nosa orientadora, pero non acabaríamos nunca. Moitas veces as imaxes falan con máis forza, e ver a emoción de onte, en grandes e pequenos, resume todo.
Quixemos despedila como se merece: profesorado e alumnado unidos nun pasillo cheo de cariño e agradecemento. 

3 comentarios:

  1. Falar de Lourdes é falar dunha grande compañeira. Foi miña compañeira no CEIP de ARDÁN. Grande persóa.

    ResponderEliminar
  2. Nunca me faltou o apoio de Lourdes e o agradezo moítismo

    ResponderEliminar
  3. Os meus fillos Lúa e Fuco sentirónse sempre moi ben comprendidos por ela.. polo q sempre xhe estarei agradecida.. Feliz Xubilación!! Xubilación, xubilación..viva a xubilación!!

    ResponderEliminar