Por fin, despois duns anos ben rariños, puidemos recuperar a festa do Entroido ao 100% e os Súper Erres percorremos, con moita ilusión, as rúas de Seixo.
Ser un súper heroe tan lucido non é sinxelo: hai que xuntar moito cartón, periódicos usados, teas vellas, tapóns... e ser súper artistas como as nenas e nenos de Seixo, que fixeron os seus traxes con moooooito traballo!
Moitas ERRES en acción: reutilizar, reciclar, recuperar, rediseñar.... e así saíron tantos súper hereínas e súper heroes cargados de superpoderes para coidar a natureza!
Por suposto a festa non sería o mesmo sen a ANPA máis molona do mundo mundial, elas tamén son unhas súper heroínas con moito estilo e bo rollo!!! Graciñas unha vez máis pola vosa axuda!
Graciñas a todas as familias que nos acompañastes no desfile: os vosos traxes molaban moito! E grazas tamén ás que non puidestes vir pero que vos houbese gustado! Todas sodes unhas súper familias!!
Aquí vos deixamos un vídeo deste día tan chulo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario