venres, 29 de decembro de 2023

UN NADAL PARA COMPARTIR!

O Nadal no cole estivo cheo de actividades especiais e compartidas. Xa vos contamos as actividades conxuntas de infantil e os obradoiros de Nadal (podedes velos premendo no nome de cada actividade).
Fixemos moitas cousas xuntando as aulas, unha das máis esperadas foi a viaxe en tren á que todos os anos nos convida o concello de Marín... encántanos!!


O alumnado de primaria foi ao cine de Seixo para desfrutar xuntos de "Robot dreams", unha peli sen palabras pero con moitiiiisima mensaxe.


Varios cursos de primaria e infantil fixemos unhas postais moi especiais e saímos a correos para envialas.


Despois do festival do último día saboreamos un delicioso chocolate con churros que, un ano máis, a ANPA preparou con moito cariño: para chupalos dedos!!!

E recibimos a visita máis esperada: Papá Noel fixo unha paradiña en Seixo para saludar ao mellor alumnado do mundo mundial!
 


E non queremos pechar este resumo do nadal sen felicitar a ANPA Abelendos e ao alumnado de 6º polo moito que traballaron para montar un precioso posto no mercadillo de Nadal das ANPAS de Marín. Ademáis de estar moi bonito e de ver moito traballo detrás, daba gusto ver a implicación das familias e do alumnado. Noraboa polo bo traballo!!!


Estade atentos que pronto publicaremos 
os vídeos do festival!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario