Hoxe foi o turno dos nenos e nenas de 4º de primaria quenes nos quixeron presentar o seu traballo en...
A FESTA DO SABER
Dentro do proxecto do cole, no que este ano nos centramos "O PATIO QUE SOÑAMOS" o alumnado de CUARTO DE PRIMARIA traballou sobre...
A ESTACIÓN METEOROLÓXICA
Cunha exposición na pantalla explicáronnos o proceso de creación desta estación e cada un dos datos que se poden obter dela...
Tamén nos explicaron todas as partes dunha estación e o lugar onde queda ubicado o recuncho meteorolóxico no patio que soñamos.
Remataron a súa exposición cun pequeno experimento que poderedes ver a continuación...
O seguinte turno será o dos compañeiros e compañeiras de 2º e 3º de primaria.
Voltaremos con máis novas para...
O PATIO QUE SOÑAMOS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario