mércores, 19 de xuño de 2019

A VOZ DE ARNALDO: UN ANTES E UN DESPOIS

A FESTA DO SABER toca ao seu fin pero dende o Equipo de Biblioteca non queríamos pechar esta celebración sen dar a coñecer o traballo levado a cabo durante este curso en...
Un curso que comezamos solicitando a inclusión do noso cole no programa RADIO NA BIBLIO 
e que tras varios anos intentándoo desta vez si que nos aceptaron...

Un proxecto piloto "RADIO NA BIBLIO" que pretendeu estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a "centros creativos de aprendizaxes" e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio nas bibliotecas escolares, co fin de favorecer e apoiar proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado.
No noso cole A VOZ DE ARNALDO xa estaba creada pero gracias a esta iniciativa puidemos mellorar as nosas instalacións e crear un ambiente totalmente diferente e renovado.
Buscábase, así mesmo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. 
A VOZ DE ARNALDO, un curso máis, foi unha ferramenta imprescindible no día a día da comunidade escolar de Seixo.
O laboratorio de radio na biblioteca escolar converteuse tamén nun punto de formación para o noso alumnado...
Eles serán os únicos protagonistas no futuro de A VOZ DE ARNALDO, no futuro da radio de Seixo, no futuro da nosa radio.
Deixámosvos, por aquí, un pequeno vídeo no que poderedes ver o antes e despois de...
Porque a nosa radio tamén forma parte de...
"O PATIO QUE SOÑAMOS"

Ningún comentario:

Publicar un comentario