xoves, 28 de xuño de 2018

RELIXIÓN EVANXÉLICA NA FESTA DO SABER: A IMPORTANCIA DA IMPRENTA

Alex, de 6º, coa axuda da profe Sandra, a profe de Relixión Evanxélica, fixo unha investigación moi interesante sobre a imprenta. A imprenta sen dúbida foi un invento fundamental para as libros e as bibliotecas, e descubrimos que o 23 de febrero de 1455 foi completada a impresión da Biblia de Gutenberg, o primeiro libro impreso con caracteres móviles.
Alex compartiu moitas cousas interesantes sobre a imprenta por medio dunha presentación e dun xogo que el mesmo montou e do que todos desfrutaron cos iPads.








martes, 26 de xuño de 2018

ENTREVISTA NA RADIO A MARÍA, A ALCALDESA DE MARÍN

Os alumnos de 5º, para o noso Proxecto de radio escolar, intentamos facer diversas cousas na radio. Unha das ideas para tratar de entender e coñecer mellor o colexio, foi facer entrevistas, un xénero periodístico moi radiofónico.
Eliximos a seis persoas, catro relacionadas directamente co colexio e outras dúas relacionadas institucionalmente. Todas aportáronnos a súa experiencia e explicáronnos en que consiste o seu traballo no colexio ou que relación teñen con el. Dividímonos en grupos de tres, somos 18, e así entrevistamos aos nosos seis invitados.


Ola!! nós somos Silvia, Xoel e Gabri, entrevistamos a María Ramallo, alcaldesa de Marín para saber novas reformas en Marín e no colexio de Seixo.
Aquí vos deixamos a nosa entrevista:

DESPEDIDA MUSICAL DO CURSO 2017/18

Como remate final da festa do saber, e despedida deste curso, todo o alumnado participou nunha gran festa musical dirixida pola profe Luz, que traballou un montón para facernos desfrutar a todos: familias, nenos, nenas e familias: grazas profe! 

Todas as actuacións son temas musicais que fan referencia a estilos e épocas moi variadas.
Comezaron os de 6º acompañando unha peza de Anna Kendrick, chamada “When I´m Gone”. Escollérona pola mensaxe que transmite. Esta peza é unha despedida xa que é o seu último ano cole e quixeron dedicala a todos: familia, compañeiros de Seixo, profes…. e en especial a Charo, a súa titora: “Cando nos vaiamos… Botarémonos todos de menos e sobre todo, botarémoste de menos, grazas por todo!!!.



Continuando, os nenos e nenas de 5 anos, tamén deron a despedida á etapa infantil, cunha coreografía para a peza tradicional galego-portuguesa “Auga leva o Regadinho”. A súa vestimenta non é do máis tradicional… pero…. despois xa entenderedes o porqué.


Seguidamente, o alumnado ao completo de infantil ensinounos a todos a bailar un Twist! Nin máis nin menos!! É un twist que bailaron con toooooodo o corpo. Por iso nos puxemos todos en pé para bailar! (sentimos que estar todos de pé non deixe ver ben aos peques)


Para relaxarnos un ratiño, os nenos e nenas de 1º de primaria fixeron danzar os seus panos de cores ao ritmo do “Tris Tras Polka” de Johann Strauss, do ano 1858.


Agora veñen 2º e 3º de primaria, entremezclando percusión corporal e coreografía. Representarán o rock do grupo Queen: “We Will Rock You”. Todo o público acompañamos facendo o ritmo base. 


Imaxinádevos que chegamos a un gran teatro, onde imos ver a unha gran orquesta tocando a Marcha Radetzky. Neste caso os instrumentos son o seu propio corpo. Moi atentos ao que ides observar a continuación!!!


Cambiamos totalmente de escenario!! Transportámonos a Brasil. Os compañeiros e compañeiras de 5º curso representaron unha secuencia que combina percusión con paus e movementos da danza da Capoeira. Empregaron para facelo unha base musical con ritmos de Samba.


Ninguén mellor que os de 6º para dar peche a este curso, fixérono poñéndolle ritmo á festa, agardamos que vos guste!!



Noraboa a todo o alumnado por este fantástico traballo e tamén á profe Luz por organizar esta festa tan variada e rica musicalmente: sodes todos uns artistas!

martes, 19 de xuño de 2018

UN RECORDO ESPECIAL PARA A CLASE DE 4º

Os nenos e nenas de 4º de primaria están a piques de despedir a súa estupenda profe Kati que leva 2 cursos con eles. Seguro que a botarán moito de menos... e ela tamén a eles, e aos seus abrazos de bos días!! 
E por iso lles quere deixar un recordo destes dous anos en forma de imaxes. Premede na foto e desfrutade!



luns, 11 de xuño de 2018

ENTREVISTA NA RADIO A ELENA, A PRESI DA ANPA

Os alumnos de 5º, para o noso Proxecto de radio escolar, intentamos facer diversas cousas na radio. Unha das ideas para tratar de entender e coñecer mellor o colexio, foi facer entrevistas, un xénero periodístico moi radiofónico. 
Eliximos a seis persoas, catro relacionadas directamente co colexio e outras dúas relacionadas institucionalmente. Todas aportáronnos a súa experiencia e explicáronnos en que consistía o seu traballo no colexio ou que relación teñen con el. Dividímonos en grupos de tres, somos 18, e así entrevistamos aos nosos seis invitados.



Ola!! Nós somos Aida, Nikita e Rubén e entrevistamos a Elena González, presidenta da ANPA do colexio de Seixo para coñecer un pouco máis sobre o seu traballo a prol da Comunidade Escolar.
Aquí vos deixamos a nosa entrevista:

ENTREVISTA NA RADIO A VÍCTOR, O DIRE DO COLE

Os alumnos de 5º, para o noso Proxecto de radio escolar, intentamos facer diversas cousas na radio. Unha das ideas para tratar de entender e coñecer mellor o colexio, foi facer entrevistas, un xénero periodístico moi radiofónico. 
Eliximos a seis persoas, catro relacionadas directamente co colexio e outras dúas relacionadas institucionalmente. Todas aportáronnos a súa experiencia e explicáronnos en que consistía o seu traballo no colexio ou que relación teñen con el. Dividímonos en grupos de tres, somos 18, e así entrevistamos aos nosos seis invitados.


Ola!! Nós somos Anxo, Isa e Dani e entrevistamos a Víctor, o director do noso centro escolar, C.E.I.P. de Seixo, para coñecer máis sobre el, o seu traballo e saber polo que pasa diariamente.
Aquí vos deixamos a nosa entrevista:

ENTREVISTA NA RADIO A PABLO, UN CRACK DO BALONCESTO

Os alumnos de 5º, para o noso Proxecto de radio escolar, intentamos facer diversas cousas na radio. Unha das ideas para tratar de entender e coñecer mellor o colexio, foi facer entrevistas, un xénero periodístico moi radiofónico. 
Eliximos a seis persoas, catro relacionadas directamente co colexio e outras dúas relacionadas institucionalmente. Todas aportáronnos a súa experiencia e explicáronnos en que consistía o seu traballo no colexio ou que relación teñen con el. Dividímonos en grupos de tres, somos 18, e así entrevistamos aos nosos seis invitados.


Ola!! Nós somos Zoilo, Marcela e Alicia e entrevistamos a Pablo Casal Calviño, xogador do Peixe Galego de Marin, para saber sobre a súa formación sobre baloncesto, en que posición xoga, sobre os seus xogadores e equipo favoritos e sobre os estudos de sexto.
Aquí vos deixamos a nosa entrevista: