luns, 11 de xuño de 2018

ENTREVISTA NA RADIO A PABLO, UN CRACK DO BALONCESTO

Os alumnos de 5º, para o noso Proxecto de radio escolar, intentamos facer diversas cousas na radio. Unha das ideas para tratar de entender e coñecer mellor o colexio, foi facer entrevistas, un xénero periodístico moi radiofónico. 
Eliximos a seis persoas, catro relacionadas directamente co colexio e outras dúas relacionadas institucionalmente. Todas aportáronnos a súa experiencia e explicáronnos en que consistía o seu traballo no colexio ou que relación teñen con el. Dividímonos en grupos de tres, somos 18, e así entrevistamos aos nosos seis invitados.


Ola!! Nós somos Zoilo, Marcela e Alicia e entrevistamos a Pablo Casal Calviño, xogador do Peixe Galego de Marin, para saber sobre a súa formación sobre baloncesto, en que posición xoga, sobre os seus xogadores e equipo favoritos e sobre os estudos de sexto.
Aquí vos deixamos a nosa entrevista:

Ningún comentario:

Publicar un comentario