Este ano estamos recordando moitas cousas dos 50 anos do cole, e co entroido non podía ser menos. Investigamos como se disfrazaban cando non se vendían traxes, caretas.... e por iso nos lanzamos a facer o Entroido Vascalleiro. O noso querido Vilas visitounos co seu amigo Anton e a burra Chirica, todos membros da Asociación Ronsel.
Neste día de festa baixamos todos xuntos a merendar no patio e fixemos un recreo especial. Que guapos estábamos con eses traxes raros e divertidos que fixemos collendo cousas que tiñamos na casa!!
Clase 3 anos
Clase de 4 anos
Clase de 5 anos
Clase de 1º
Clase de 2º
Clase de 3º
Clase de 4º
Clase de 5º
Clase de 6º
O desfile foi encabezado por Vilas e Antón, xunto coa burra Chirica. As veces chamámola Marisa, porque foi a primeira burra que comezou o entroido vascalleiro en Seixo hai moooooitos anos....
Os nenos e nenas de 6º pecharon o desfile no seu último entroido no cole.
Despois do desfile tivemos un tempo de xogos musicais...
Ningún comentario:
Publicar un comentario