luns, 11 de xullo de 2022

50 ANOS DE VIDA: PORTAS ABERTAS

O 18 de xuño vivimos un día inolvidable na historia do cole de Seixo. Despois de todo o curso investigando e descubrindo a historia do cole durante os seus 50 anos de vida, ese día abrimos as portas para ver a exposición que preparamos con tanta ilusión e cariño (podedes facer unha visita pola exposición premendo AQUÍ).

Foto dos ex alumnos do cole

Foi un día moi emotivo no que se xuntou alumnado de onte e de hoxe, profesorado de todas as épocas, persoal de servizo de diferentes épocas... Moitas anécdotas e recordos, reencontros, fotos inesquecibles.... moitas emocións imposibles de explicar con palabras.
Foto con mestres dende as primeiras promocións ata a actualidade

Deixámosvos aquí un vídeo no que intentamos capturar o que vivimos, emocionámonos ao velo e recordar o bonito que foi! Grazas aos que viñestes a compartilo con nós. O cole de Seixo sempre será a vosa casa.
 

Este foi o agasallo que tiñamos para as visitas, feito con deseños do alumnado, que este curso traballou un montón. Graciñas a Noelia e Alberto por compartir a súa arte con todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario